Arquivo do blog

07/04/14

SABÍAS QUE...?




SER BILINGÜE PROTÉXETE DO ALZHEIMER
 
E non é que o diga eu: así o sinalaba un estudo neuro lingüístico realizado na universidade canadense de York hai xa dez anos (no 2004).
A primeira conclusión do estudo era que os individuos bilingües tiñan una maior agudeza mental en calquera tramo de idade (eles investigaron con cen persoas de entre 30 e 88 anos).
Ademais, observaron una maior resistencia destas persoas ao avellentamento cerebral, así que a Sociedade Británica do Alzheimer sinalou o interese de que se aprendan outras linguas.
O equipo de investigadores canadense sinalou que tamén están máis protexidos contra a decadencia senil as persoas que tocan instrumentos musicais, bailan, len, fan encrucillados ou xogan ao xadrez.



NON PERDAS COMBA!







Ningún comentario: