Este é o teu sitio no mundo. Un lugar onde atopar propostas, curiosidades "fetén", historias enxebres contadas coas nosas palabras . . . E todo aquilo que poida espertar o teu interese por Galicia e a súa cultura.
Arquivo do blog
06/09/14
Granxa O Cancelo
Xa coñecedes os dispensadores de "leite de verdade"? Son un inventazo: leite fresco dispoñible nunha máquina expendedora as 24 horas!!!
En pleno centro de Pontedeume tedes un. Pertence a Granxa O Cancelo, que está moi preto de Miño e organizan visitas guiadas algúns sábados. Hai cinco anos era unha granxa abandonada e hoxe é unha fonte de progreso, dando traballo a oito persoas.
https://www.facebook.com/granxaocancelo
Cando a vexas entenderás que a Galicia rural tamén pode ser moderna.
Gustounos tanto que algúns visitantes mesmo se puxeron a traballar sen que ninguén lles mandase!
Cobran entrada, pero todo o que aprendes, a dedicación de Pura e o Bico de xeado que vas degustar ben o valen.
Como? Que aínda non sabes o que é un Bico de xeado?? Ti non tes sentidiño... Non sabes o que te estás perdendo!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Tamén en Ares, nunha cafetaría e panadaría hai o dispensador de leite de verdade.
Publicar un comentario