PARA USAR O
MOVIE MAKER
Clic en Inicio.
Clic en Movie Maker.
Clic en Arquivo, Novo proxecto.
Para meter imaxes, clic en Importar imaxes. Seleccionar as imaxes que queiramos e clic en Importar.
Para meter música, clic en Importar audio e música. Abrir a ruta da música, seleccionar e clic en Importar (automaticamente inserta o audio)
Para importar imaxes, clic en Importar vídeo.
Seleccionar vídeo
Para agregar efectos, clic en Efecto de vídeo.
Engadir transicións e efectos de vídeo: arrastránse e colócanse no recadro (o efecto de vídeo arrástrase a onde está a estrela).
Para darlle unha orde, vaise abaixo, dáselle clic e aparecerá a secuencia de vídeo á que se lle pode dar.
Para percorrer as imaxes/vídeo, dáselle clic sen soltar o rato. Aparecerá unha frecha vermella para indicar que estás percorrendo as túas imaxes.
Para colocar o vídeo, xa importado, arrástrase ata o final da liña (despois das imaxes).
Se se quere poñer título, vaise a Agregar título ou crédito.
E para ver todo dáselle a Reproducir e aparecerán as imaxes co tempo asignado (igual que o vídeo e os seus efectos).
Gravar en formato vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario